9/7/2016

O vicepresidente de Bodega Cooperativa Rúa nomeado

Onte inaugurábase o II Caviño de inverno en A Rúa, un evento no que participan 15 bares de A Rúa ofrecendo o viño de 22 adegas da DO Valdeorras. Bodega Cooperativa Rúa foi homenaxeada polos 50 anos de historia facendo viños en Valdeorras e o vicepresidente Pepe Fernández tivo a honra de ser condecorado como "cabaleiro Godello" impoñéndoselle o gorro de peregrino deste peculiar camiño.

O pistoletazo de salida deste evento que se levará a cabo durante toda a fin de semana contou coa expectación do público pero sore todo dos establecementos participantes que tiñan xa todo prepatado para recibir a todos os "peregrinos" que decidan facer este peculiar camiño. A inicativa xurdiu como forma de promocionar o Ca miño de inverno que pasa pola Rúa, tamén para dar a coñeder os viños de Valdeorras e por suposto, para dinamizar o ambiente dos bares rueses durante a fin de semana. Do que se trata é de probar e degustar os viños das adegas participantes mentres se completa unha cartilla similar á que selan os peregrinos durante o Camiño a Santiago. Neste caso selarase dita cartilla no percorrido polos bares de A Rúa para participar no sorteo de numerosos premios e agasallos. 

A música é parte tamén impolrtante desta celebración contando con charangas e grupos musicais que amenizarán o percorrido polos diferentes bares participantes.O venres foron A Charanga Nova, Os Palletas e Los Pamplinas e o sábado contarán con Cantos de Taberna e a Banda de Gaitas Mencía. Ata o domingo 10 de xullo todos os que o desexen poden achegarse a A Rúa para participar no II Caviño de Inverno, coñecer os viños de Valdeorras e facerse con miles de agasallos directos